miércoles, 4 de noviembre de 2015

XX CROSS GUILLELME BROWN




O sábado 21 de novembro de 2015 celebrarase o "XX Cross Guillelme Brown", atendendo ás seguintes normas:


1.‑ HORARIO, CATEGORÍAS E PERCORRIDO:

Hora
Categoría
Ano de nacemento
Distancia
10:30
Cadete Feminino
Xuvenil Feminino
2001-2002
1999-2000
3 voltas (2.520m)
10:45
Cadete Masculino
Xuvenil Masculino
2001-2002
1999-2000
4 voltas (3.360 m)
11:00
Infantil Feminino
2003-2004
2 voltas (1.680 m)
11:15
Infantil Masculino
2003-2004
3 voltas (2.520 m)
11:30
Alevín Feminino
2005-2006
1 volta (840 m)
11:45
Alevín Masculino
2005-2006
2 voltas (1.680 m)
12:00
Benxamín Feminino
2007-2008
1 volta (840 m)
12:10
Benxamín Masculino
2007-2008
1 volta (840 m)
12:20
Prebenxamín
2009 e posteriores
400 m
12:30
Pais, nais e profesores do colexio

2 voltas (1.680 m)
12:45
Absoluta
1998 e anteriores
5 voltas (4.200 m)
13:30
Entrega de trofeos

         O percorrido, parte terra e herba, parte asfalto, realizarase no interior do recinto escolar.

2.‑ PARTICIPACIÓN:

Poderán participar todos os colexios, clubes e asociacións convidadas ao efecto cun só equipo por categoría sen número límite de corredores/as, e calquera atleta que o desexe a nivel individual.


3.‑ INSCRICIÓNS:

         As inscricións realizaranse por escrito en impresos separados por categorías e equipos ata un límite de 500 inscricións.

Remitiranse ao colexio Guillelme Brown preferiblemente por correo electrónico (colegiogb@gmail.com) no formato habilitado para facelo ou por teléfono (988‑259589) antes do martes 17 de novembro .

O día da proba poderanse realizar os cambios que sexan precisos ata 30 minutos antes do inicio de cada proba.
4.‑ DORSAIS:

Os dorsais serán facilitados pola organización e entregaranse 30 minutos antes do inicio do cross.


5.‑ CLASIFICACIÓNS:

         Establécense dúas clasificacións:

a) Individual; segundo a orde de entrada en meta.

b) Por equipos; sumando os puntos obtidos polos catro atletas mellor clasificados/as de cada equipo, resultando vencedor o equipo que sume menor número de puntos.


6.‑ PREMIOS E TROFEOS:

a)   Trofeo aos dous mellores equipos clasificados nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, tanto masculino como feminino.

b)   Medalla aos tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría.

c)   Bolsas a todos os participantes que cheguen á meta.

         A clasificación será individual e por categorías (Prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e absoluta, tanto masculino como feminino).


7.‑ OUTROS APARTADOS:

1.- Debido ao carácter popular e sobretodo gratuíto da proba, o colexio contará con 350 bolsas deportivas como agasallo para os participantes, que serán preferentemente para as categorías escolares e para os adultos en función da súa orde de chegada e ata acabar as existencias.

2.- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio, unha vez avisados polos xuíces.

3.- Aqueles corredores que posúan licencia federativa deberán indicar na ficha de inscrición o seu número.

4.- Ao longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.

5.- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que se deriven da mencionada proba.

6.- O colexio Guillelme Brown facilitará un autocar para desprazamento dos equipos da cidade que presenten un mínimo de 30 participantes.

7.- Debido ao espíritu totalmente deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións.

8.- Aqueles aspectos que non contemple este regulamento serán decididos tendo en conta o regulamento da Federación Galega de Atletismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 

Blogger news

Blogroll

About